El Gallego, Patrimonio de la Humanidad
TAMBIÉN, EN DEFENSA DEL IDIOMA DE GALICIA:
http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm
http://hegemoniasocialdogalego.blogspot.com
El Gallego, Patrimonio de la Humanidad
TAMBIÉN, EN DEFENSA DEL IDIOMA DE GALICIA:
http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm
http://hegemoniasocialdogalego.blogspot.com
Creo que, como sociedade, queremos superar o modelo de partido-empresa, con conta de resultados. Para iso cómprenos, na miña opinión, desligar a actividade que nos corresponde aos que non estamos na loita política das expectativas de proveito á conta dun uso intereseiro das institucións. Cando definamos claramente os obxectivos, os beneficios que esperamos e as fórmulas para os acadar, creo que iremos moito máis adiante, e a nosa clase política mellorará notabelmente, a poder de mellorarmos como colectivo.
Saúdos
O PSOE parece que non se resinte tanto a pesares da oposición carroñera do PP, e da crise galopante que teima en non escampar, con ou sen medidas adoptadas polo Goberno; pode que a cidadanía se esté a dar conta que él non só é o culpable habendo circunstancias externas.
De todos modos agora mesmo hai novas “incidencias”, Gürtel, Aguirre, Afganistan,Pensións, Xubilación aos 67, mesmo o Baltarazo que deixou ó PPdG ensimismado ante a forza de Baltar ou o tema catalanista do cinema.
Son moitos os frentes e non todos afectan igualmente no Estado.
Sería bon o que dí CARLOS sobre o que esperamos e como acadalo,Si a sociedade fora máis esixente tal vez teriamos outros políticos que non miren só os beneficios,”de calquera caste” e conectaran máis có pobo, pero a cousa non é moi facil de solucionala a día de hoxe..creo.
Saúdos.
carlos, Xoán, en xeral, demoscópicamente falando, o psoe aguanta ben no estado.Eu penso que é preciso un cambio na comunicaicón pública dos partidos ou a xente arrédase
Iso tamén me parece certo Fermín, e explícanolo moi ben nos teus comentarios.
Apertas
É moi curiososo ver como se relaciona na realidade a liña de preocupación polo paro por un lado coas liñas de preocupación coa inmigración (chamativo), e coa preocupación pola vivenda por outra.
Tamén a da preocupación coa situación económica coa preocupación coa clase política e coa do terrorismo.
Isabel, porei as correlacións