En el estudio preelectoral (autonómicas de Galicia) del CIS (2783), y cruzando la pregunta de lengua inicial con la de estatus socioeconómíco, el resultado es este gráfico sorprendente. Por qué sorprendente? Queda abierto el tema y prefiero dejarlo así, pendiente. Pero fíjense en la solera de clase de un idioma inicialmente aprendido por las (rancias ideológicamente, en muchos casos) viejas clases medias. Una parte de esas clases sigue hablándolo en el contexto que consideran adecuado (lengua y contexto, tema que tocaré otro día y que tiene una gran relevancia si se le une el tema de la lengua de oportunidad/lengua de prestigio). Seguiré con esta cuestión. Pulsar para ver:

Los Blogs que me acompañan
El Gallego, Patrimonio de la Humanidad
A leer y a oir
TAMBIÉN, EN DEFENSA DEL IDIOMA DE GALICIA:
http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm
http://hegemoniasocialdogalego.blogspot.com
http://prolinguagalega.org/manifesto
Fermín,
Resulta descorazonador ver cómo parte desas ” rancias clases medias” das que falas…militan en partidos de esquerda. Resulta desesperanzador ler hoxe as declaracións de Paco Vázquez no Correo Galego reclamando a Feijóo que cumpra a súa promesa electoral de derroga-lo decreto do bipartito, reivindicando o seu apoio a Galicia Bilíngüe, turrando polo L da Coruña, e culpando a política lingüística do bipartito como causa da perda das eleccións. Isto resulta especialmente grave xa que ven dun líder do principal partido da oposición, o único partido que poder sacar aos populares do goberno.
Esta é a segunda victoria do PP tras as pasadas eleccións; botarlle as culpas ao conficto língüístico e imposibilitar no futuro unha alternativa co BNG. ¿ Por qué os socialistas galegos aínda non reivindicaron coma propia a política lingüistica de Touriño, que estaba en mans dunha consellería socialista ? ¿ Por qué calan ? ¿ Cántas máis bazas lle van a dar aos populares ? ¿ Cánto máis van ter que aturar a este señor que tanto dano fixo aos socialistas galegos, sempre disposto a botarlle unha man aos populares ( recordemos aínda recientemente a súa carta de apoio a Rita Barberá ) e poñer unha tranca no avance da esquerda ?
Este discurso, neste momento previo ao novo decreto, non é gratuito en faime ver con pesimimo o futuro do galego, porque os socialistas son a peza clave. Aínda supoñendo que Feijóo perdera as próximas eleccións, ¿ qué seguridade temos de que os socialistas galegos non interioricen que aperda do poder foi debido aos ” excesos ” lingüísticos en non se atrevan a repoñer un decreto similar ao da pasa etapa bipartita ? Por iso falo da segunda victoria do PP, e temo que sería unha victoria que nos marcaría para as vindeiras xeracións. E de capital importancia non denostar aos socialistas galeguistas e atraelos a uhas posturas máis combativas a prol do idioma. Porque tamén a eles lles vai moito no empeño; ou plantan cara a Paco Vázquez ou serán simplemente irrelevantes no futuro; si fan seguidismo das teses do PP a xente sempre prefire o orixinal a unha mala copia…´¿ Estará o socialismo falego á altura de Galicia ?
Os dados aportados polo blogger son poucos para que un leigo avance e tire conclusións neste interesante asunto.
Ó blogger parécelle sorprendente que unha parte importante -71,5%, é moito- das “vellas clases medias” -fose esta categoría o que for- siga falando galego “no contexto que consideran adecuado”. Sobre desto:
Precisamente por vellas -con solera- e por dispor de algúns medios que lles permiten escapar da necesidade máis inmediata, pero en calquera caso socialmente relacionadas en réxime de mútua dependencia, habería que esperar delas ter asimilado un certo cultivo de espíritu que lles permita saber estar adecuadamente nos distintos contextos: hai que esperar que eso forme parte da súa educación. Pense o blogger nun lugar para el coñecido tempo atrás: Compostela, e nas vellas clases medias desa cidade. ¿Non son elas biíngües e normalmente responden sen esforzo nin afectación na lingua na que se lles fala?. Esto estará máis acentuado nas vilas e máis perdido nas cidades grandes. Son cousas xa sabidas por experiencia, faltaba saber a proporción: un 71,5%; é desta novidade da que haberá que tirar conclusións.
Paco Vázquez é o pasado. Non é nada. As vellas clases medias son moi interesantes, e traballo aí. Saudo saude
Se temos en conta que as vellas clases medias son grandes fornecedoras de persoal para cubrir postos funcionariais nunhas administracións públicas crecentes, a razón de “oportunidade” pode ser atractiva e importante para elas; pero ademáis…como dependentes dese modo de vida tenderán a aceptar pasivamente, sen resistencia visible, as decisións da xefatura, tanto de mantenemento da oportunidade como da súa supresión. Ó se manexar eles tanto en galego como en castelán a aplicación máis práctica -”a oportunidade”- do galego para CADA UN deles, competidor con outro nunhas oposicións, consistirá en eliminar ós non galego falantes (será por iso que estes últimos andan cabreados e apúntanse a GB).
A efectos de lingua fornecen estas clases unha base social ampla, pero pouco activa (tal vez veña de aí o seu crónico pesimismo). Pero, claro, as outras bases tampouco son demasiado activas, así que…
Ademáis das “vellas clases medias” sería tamén alta a proporción correspondente ós obreiros cualificados e non cualificados. Pero prevéñome en contra da proporción declarada destes últimos. ¿Só un 53,6 para quenes -sabémolo por experiencia- na súa maioría proceden do campo en primeira xeración?; algo sona mal neste dado
Non sona raro que as clases altas e medias altas estean máis castelanizadas. Si me sorprende que as novas clases medias se manteñan nun nivel relativamente alto. Pero destas temo dúas cousas: a primeira: que a tendencia sexa minguante, segunda: ós burgueses xentiles homes.
Por último, dicir que sen despreciala especulación, gosto da precisión. Por eso expresións como “rancias ideolóxicamente, en moitos casos” deixanme desorientado e incómodo. ¿Arredor de que proporción anda ese ser “rancias ideolóxicamente”?; e, sobre de todo, ¿qué quer dicir “rancias” neste caso?.
Estades “sembrados”, que din aquí. Qué boas analises. hai que escribir,é preciso
Fermin,baixo o meu punto de vista ,creo que Paco Vazquez segue sendo moi mediatico(xa se encargaran de darlle cobertura) e no seu caso moi perigroso por o atranque que supon para a liberacion da nosa lingua…o pasAdo ,o pasado,Fermin,teño a miñas dubidas de que este nefasto persoeiro sexa o pasado xa.
Apertas agarimosas
[...] que translocían as primeiras interpretacións dos resultados do MSG/RAG-04 Bouza esgrime varios resultados da enquisa preelectoral que o CIS elaborou a comezos de ano. Estas enquisas presentan un [...]
¿Resignarase Paco Vázquez a desaparecer?. ¿Non gostarían os seus fans -for do PSOE, for do PP- que retome o liderato?. Este, ¿non tería garantido o eco mediático?.
Ha, ha, ha!.