Un excesivo sentido ideológico de la política ha llevado al gobierno a claros retrocesos cívicos (Gallardón/Wert), a colocar a la sanidad en un disparadero que algún día pagaremos en todo su esplendor, y a gestionar la economía al modo de los manuales conservadores (no liberales), inyectando dinero para la reproducción de lo mismo y olvidando en buena parte las penalidades de la población, al tiempo que busca echar la culpa de todo a la oposición para paliar problemas electorales, que de momento son muy grandes. Tampoco da mucho ejemplo el gobierno, si nos atenemos a la pintoresca Cospedal, una autentica friki de la política con graves responsabilidades y un buen multisueldo. Los excesos ideológicos siempre se pagan, no así otros excesos: a la gente, tan pragmática y temerosa, las ideologías le asustan, y a veces también le asustan las ideas a secas. No siempre. Cuando a la gente deja de molestarle todo esto es que algo va a cambiar, y parece que con la crisis cada vez le molestan menos las ideologías, ergo…Le molestan menos e incluso se atreve improvisar una especie de mezcla entre Robespierre, el Che Guevara, Adam Smith y Curro Jiménez. Es lo que hay, y hay que darle sentido y dirección.
Nuevos videos de Correos
Conversas (Xan Carballa)
L’Espagne désenchantée
The Global Sociology Blog
O Sorriso de Daniel: esculturas del Pórtico de la Gloria
Sobre el mundo mundial
Escola de Ferrado
O CARTAFOL DIXITAL
Palencia social
A Voz de Vilalba
Tempos Novos
Cecubo
Blog de C.A

Suscríbete por email!




Pois xa chegou o novo ano…
http://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2012/10/19/susan-george–ensayan-espanoles-ver-aguantan/656531.html
Se cando menos fósemos quen de recuperar a solidaridade e artellar unha alternativa de mínimos… Pero non me fagan caso, eu empecei con mal pé: non puiden ver nin un anaco do Concerto de Ano Novo, e para min un Aninovo sen concerto ou cando menos sen algunha valse ou a Marcha Radetzky non empeza ben. Voume consolar relendo a novela homónima de Joseph Roth:
http://es.wikipedia.org/wiki/La_marcha_Radetzky
Cada vez releo máis a Roth… Sera por iso da saudade ou porque el naceu na Galitzcia e eu en Galicia, ou porque mirou con lucidez e desencanto a terrible época que lle tocou vivir ou porque o outro día atopei un post do seu compañeiro de “trincheira” Arturo Burton sobre Zweig e a súa autobiografía (ao meu entender do mellor da súa obra con “Castellio contra Calvino” e dígoo coma zweigiana que son dende que era adolescente, porque ben nova lin “María Estuardo” e vin a adaptación de “Carta de una desconocida” de Max Ophüls)… En fin, non o aburro máis, é que hoxe teño a tarde melancólica…
http://taberna.trincheradigital.com/?p=2066
Pero en que mundo vivo eu, don Fermín, que pasan os días e os anos e sigo ancorado nos vellos costumes de sempre e non me atrevo a dar o paso da sociedade do futuro e do coñecimento “artefactal”. Os vellos diletantes da literatura nunca morren, nunca morremos, aínda que xa estemos mortos e ben mortos e enterrados. Diletante, unha palabra que xa me resultaba preciosa cuando a empregaba sen saber ben o que significaba e que aínda hoxe non sei se sabería explicar o seu significado; pero tanto ten, a sua fermosura é tal, que sigo preso do seu significado maravilloso, por mais que este non sexa o que ven no dicionario, que non sei cual é nen me importa. Digo DILETANTE e está todo dito. Diletante de todo e experto en nada. Non me estraña que logo a amiga Ariadne diga que son “prolijo e verborreico”, e ben curta que quedou, que tiña que chamarme arcaico e primitivo e pailán e… Home doutro tempo, ignorante da sociedade da información e do coñecimento. E ten toda a razón. Porque, que se pode dicer dun tipo que até hai uns días non sabía que era iso do Wasap? E segue sen o saber, claro, que tivo que perguntar que era e como se escrebía. Tododeus co Wasap. Wasap por aquí e Wasap por acolá. Aínda que para min xa é Wasapo, que son mui do sapo e non vou dicer por que. Pero que será e que terá iso do Wasapo, que todo o mundo anda tolo a enviar mensaxiñas como panxoliñas e fotiños como anxiños. A WASAPEAR, amigos y amigas, que el reino de los cielos tecnológicos nos espera con los brazos abiertos para regalarnos su futuro de “glamourosas” rosas digitales. Glamour, glamouroso, ao contrario de DILETANTE, palabras aborrecíbeis. Palabras que me imaxino sempre na boca dese tipo guapo e alaskeño que responde ao apelido de Vaquerizo. É dicer, palabras vaquerizas. Diletantes contra vaquerizos. Non sei, vou ter que asinar como Detective sen Wasapo. Ou Detective Carcundio, Desfasado, Anticuado ou Similares. Don Fermín, lamento comezar o novo ano, de número precioso (non sei que lle parecerá este número ao numérico Picoñas), con este lema: OS VELLOS DILETANTES NUNCA MORREN.
Quen me ía dicir a min que ía coincidir con el:
http://www.bbc.co.uk/mundo/ultimas_noticias/2013/01/130101_ultnot_papa_ano_nuevo.shtml
E, por certo, tamén coincido co detective crepuscular. E tamén me nego e negarei a entrar neses “ceos tecnolóxicos” que che fan estar pendente dun aparatiño mentres desatendes a túa realidade inmediata, por exemplo os ollos dos teus “contertulios”. En fin…
Como vexo que hoxe elvotoconbotas non ten quen lle escreba, pois todo para min e xa está, logo non veñades con queixas. Vós seguide, seguide cos postres e o “champán” até rebentar. Paparoteiros, rebentacoiros, “pantacruélicos” (con c). Que que é un diletante da literatura? Mira, un diletante da literatura, igual que un cronopio (outra palabra maravillosa) de Cortázar, cuando ve que ven algo de García Márquez, por exemplo, no xornal, non duvida en lé-lo. Cualquer cousa de ou sobre García Márquez, por exemplo, hai que a ler, pensa o diletante. Se quen escrebe sobre GM é tamén un escritor, colombiano ou non, pois mellor que mellor. Se se chama Santiago Gamboa e escrebe en El Viajero de El País, BIENVENIDOS A MACONDO, pois todo se conxura para deterse na leitura e disfrutar das anécdotas e doutros lugares máxicos da crónica. E que duas anécdotas conta neste. Cópioas para que os que xa as leran disfruten delas por segunda vez e para mortificar aos que non as leran por seren uns inconscientes e deixaren pasar a oportunidade.
A primeira… “Según me cuenta el escritor y periodista Heriberto Fiorillo, durante años se guardó la vieja máquina de escribir Underwood, propiedad de Alfonso Fuenmayor, en la que García Márquez escribió LA CASA, el magma inicial del cual saldrían LA HOJARASCA y CIEN AÑOS DE SOLEDAD.
-Cuando un redactor no encontraba la inspiración de un artículo, lo sentaban en la Underwood que usó Gabo -dice Heriberto-, y funcionaba. Se la llevaron al Museo Romántico, junto a algunas cartas de Simón de Bolívar y otros recuerdos de la ciudad.
A segunda fala de Rogelio Salmona (con nomes así é difícil escreber má literatura), o arquitecto que construiu a casa de GM en Cartagena de Indias. “Un día encontró una vieja imprenta que estaba por cerrar y que tenía un terreno apropiado para el proyecto. Salmona fue a hablar con el impresor y dueño de la casa, un anciano ciego, y le preguntó el precio. El viejo le dio una cifra. La petición era razonable, así que Salmona llamó a Gabo y le dijo que viniera a ver el lugar. Regresaron dos días después y, antes de entrar, Salmona le dijo: “No hables, si te reconoce como GM seguro que sube el precio”. O caso é que GM só dixo “Buenos días”, o vello recoñeceuno, Salmona e GM botáronse a tremer pensando que lles subiría o prezo e o vello o que fixo foi rebaixarllo. Salmona le preguntó que por qué cambiaba el precio, y el anciano respondío: “Es que yo a GM lo he pirateado mucho en esta imprenta y es justo retribuirle”.
Tiempo después le pregunté a GM por la veracidad de la historia y, riéndose, sin confirmar ni desmentir, me dijo: “Es muy buena, debe de ser cierta porque es muy buena”.
Non sei se estas cousas se contarán ou non no WASAPO ese. Se algén me confirma que o espírito de Santiago Gamboa anda solto polas teclas dese cacharro diabólico e nel se escreben anécdotas como as do GM, prometo que mañá mesmo me aponto ao WASAPO ese do carallo.
O que non sae nos telediarios.
http://vimeo.com/42860584
así é