El BNG irá a las elecciones con una dirección clásica y sin renovación de fondo. El peso político de Xosé Manuel Beiras no estará en las autonómicas en el cartel que hará el BNG frente a Feijóo. Ha sido una resolución muy conservadora de la crisis y quizá muy alejada de los votantes (Nacionalistas, socialistas y conservadores), pero las cosas vienen así y las carencias del BNG tendrá que suplirlas el PSdG para intentar compensar las pérdidas que se puedan producir del lado nacionalista. ¿Podría ser? El PSdG anda también en problemas de división y debate y su imagen no está en su mejor momento. A día de hoy, el que fuera en tiempos “el bipartito”, no ofrece nada estimulante al electorado gallego. Tampoco Feijóo seduce. Serán, vistas desde hoy, unas autonómicas de aliño, repetitivas, conservadoras y pésimas para lo que yo pienso que debe ser una Galicia emergente. A perro flaco todo son pulgas, que se dice. Todo muy alejado de los mejores deseos. Nuestra política está a la altura de todo lo demás. Hay que seguir trabajando hacia el futuro.
-
30 Ene 2012
Nacionalistas, socialistas y conservadores
17 comentarios to “Otoño autonómico”
Deja tu comentario

Suscríbete por email!




Se a Upg non fai o esforzo de integrar a ese 45% do BNG, se non lle pide axuda a eles, se non son que de ter a Beiras e a algún outro como Nogueira, ou membros de Máis Galiza nas eleccións nos mítines, se non lles dan sitio, entón será necesario, que pasadas as autonómicas, que serán en outono, ese 45% rache co Bloque e cree unha plataforma nova que traballe a reo e de vagar para que haxa algo novo no panorama político. Será o máis probable.
Coido que as carencias do Psoe, teremos que compensalas, do lado nacionalistas de esquerdas dada a desfeita que se esta producindo neste partido e a sua division interna tamen na Galicia.
Esta pode ser outra forma de ver a realidade.
Pois si, lamentablemente, uns e outros a facer metafísica política e as cousas e a casa sen limpar
Salgado y Xos la verdad es que nosotros mal, Caballero,Pachi y demás pero vosotros que según el paisano Salgado sois muy de debatir y muy de democracia pura y según Xos hay que formar otro partido, no estais para ir con vosotros a Feira a comer pulpo.Que triste para GALIZA que sus hijas é hijos piensen tan poco en ella y su futuro.
Saúdos Paco
Desde un punto de vista estratéxico, agora mesmo outro partido político sería un desastre para as posiblidades da oposición de botar a Feijóo. Se o digo como necesario (que non o sei) é porque vexo que o nacionalismo galego non espabila, non se transforma, non conecta, sobre todo iso, non conecta, e que postos a derrumbarse, algo probable, cando menos que algunha xente intente algo novo. Pero é un camiño longo e difícil. Galicia parece precisar algo novo, e se unha parte do galeguismo social non llo ofrece, entón serán outros quen o recollan, e non queda garantido que sexan nin progresistas nin galeguistas. Agora mesmo, o PsdG non parece preparado para recollelo, aínda que podería facelo, de feito, xa o fixo Touriño de de 2001 a 2005
O BNG debe deixar de ser unha peza arqueolóxica e transformarse nunha máquina de matinar e ser eficiente. A situación, os xestos, a parafernalia, as verbas, todo, parecenme unha coña doutro tempo.
Estimado Xos, pensas que ese 45% se corresponde cos electores? Cres que realmente desfacendo o que levou tanto tempo e esforzo construír ides amañar algo. Levantar un partido político, nunha sociedade tan conservadora coma a galega. Por outra banda, ou eu ando moi perdida ou ese 45% do que ti falas é moi diverxente ideoloxicamente, de feito a min o único que me sorprende de todo este “imbroglio” é que chegaran a unirse (isto por suposto dígoo ironicamente, porque todos sabemos que teñen “algo” en común). Corríxeme por favor se me equivoco.
Dito isto e sabendo que me meto en augas moi turbulentas gustaríame facer un par de observacións dende o punto de vista de quen non é militante nin simpatizante (o meu corazón late en clave libertaria) pero si ten votado a esta organización (fronte se non me equivoco) en numerosas ocasións.
En primeiro lugar non deixa de abraiarme a “candidez” dos que pensaban que ía ser tan sinxelo gañar. Todos os que coñecemos algo a U, aínda que sexa coma observadores externos, sabemos que son un partido disciplinado, coherente e con dirixentes intelixentes. Cando falo de coherencia refírome a que todos sabemos o que pensan e cales son as súas propostas ideolóxicas. A min se che digo a verdade non me quedaron nada claras as propostas do outro lado… Será pola miña torpeza.
En segundo lugar, vivo sen vivir en min agardando que apareza esa dereita nacionalista da que tantos falan… Quen serán os seus líderes? E, sobre todo, quen serán os seus votantes?
Dito isto, unha pequena proposta: os tempos son duros e os votantes cada vez van soportar menos todas estas liortas e desacordos que tanta repercusión mediática parecen ter (sobre isto tamén conviría reflexionar moito) así que, case mellor ir buscando puntos en común para argallar unha alternativa sólida que permita volver a soñar cunha alternancia no poder. Do contrario, únanse, separense ou fagan o que sexan o único que van conseguir é perder votos e sementar desilución e desafección.
En fin, quizais conviña lembrar aquilo de Ignacio de Loyola de “En tiempo de desolación nunca hacer mudanza”.
Home, non, por favor: a situación pide cambios de adaptación e modernización ao BNG e ao PSdG. Non é de recibo a imaxe paracomunista dunha organización de masas nun país calquera, e menos nun país conservador. Son ganas de exhibir a nada mesma e de non ter entendido nada de nada.
Fermín, quen entende algo neste mundo de tolos (creo que a frase é da película “Papá está en viaje de negocios”? De todas formas, iso da “modernización” a que se refire: ao aggiornamento ideolóxico ou ao cambio de representantes, porque eu aquí vin pouca modernización. Non cre? En calquera caso, a modernización terá que pasar por algo que non sexa o socialliberalismo porque iso si que non é de recibo (coma o PSOE vén de descubrir nas últimas eleccións). Por outra banda que quere que lle diga a estas horas vir coas xestas irmandiñas tampouco lle vén sendo moi “moderno” non?
Ese mundo conservador, que algúns veñen de descubrir agora, xa existía cando o BNG obtiña moitos mellores resultados hai xa algúns aniños. Non, Fermín, coma din na miña terra “non lle é esa a mai do año”. Se hai algo que a historia recente nos ten amosado é que cando a esquerda deixa de ser esquerda os seus votantes abandónana. Quizais ao BNG lle viña ben que se formase unha “dereita nacionalista”, así ao mellor recuperaba algún voto desa esquerda non nacionalista que tivo noutra época e que fluctúa entre diversos partidos de esquerda e a abstención.
Por certo, deixo aquí un enlace cunha análise interesante do que pasou (e do xa moitos supoñiamos que ía pasar):
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/01/30/resultado-aleja-escision-crea-gran-coalicion-interna/0003_201201G30P4991.htm
Iso é mellor que nada, pero as cousas non van por aí e a realidade é que están abrir as portas de novo ao PP. A obsesión dos comunistas non foi estar ben visibeis nestas coalicións, senón se ir do primeiro plano
Me quedo con todas las reflexiones que hacéis y me queda claro que este es un tema de personalidades enfrentadas, no miran hacia el futuro son personajes que miran en corto y así nos va en a feira.Caballero desbarra y se enfrenta a Pontevedra y Pachi me queda claro que no reúne a todas las sensibilidades socialistas.Beiras al que valoro y agradezco lo mucho que hizo, debería pensar que su tiempo en política y en el BNG se termino y se debe apartar y dar opiniones y dar su parecer, pero fuera de la lucha por el poder en la coalición. Sabemos que hay una amalgama de sentimientos y corriente dentro del BNG que les hace diversos y muy positivos, si los personalismos no prevalecen sobre las ideas. Mientras Baltar se ríe y nombra sucesor de la diputación como si fuera su pazo
Saúdos Paco
#Sofía, non teño nin idea de se ese 45% corresponde a outro partido político. Só sei que a xente que coñezo, que vota ou votaba ao BNG está cansa, pero moi cansa, da escenificación social deste partido. Se hai capacidade para outro espacio politico ou non, non o sei, pero ¿por que non? nada é eterno. Por suposto, agora mesmo é inviable para botar a Feijóo, o perfecto sería ter ao BNG e ao PsdG ao 100%. Pero non creo que suceda. De todas formas, que saibas que eu prefiro que se faga un verdadeiro esforzo de integración e cohesión e o BNG e poida acudir ás eleccións con todas as posibilidades do mundo. Só que son moi escéptico.
Si, se estou segura que tes razón e seguro que todas as partes teñen tamén algo de razón. O que pasa é que ao mellor o que hai que facer agora e apertar os dentes e tirar para diante, especialmente se pensamos no electorado que dificilmente coa que está caendo ía entender que se producisen escisións.
Efectivamente, agora mesmo unha escisión é darlle a Feijóo a maioría, se é que non a ten xa. Pero despois das eleccións, se segue a caer o BNG, será o momento de que algunha xente se plantee outras cousas. Eu prefiro, que non caia o BNG, que suba, e o mesmo para o PsdG, e que Feijóo se vaia facer puñetas, desde logo.
Imos ser optimistas e a ver se espabilan
Supoño que será o momento de que Jorquera, que parecer intelixente, sexa quen de mellorar as cousas, é a súa oportunidade, que a última quizáis do Bloque